Subvencións enerxías renovables 2019 Galicia

Subvencións INEGA 2019 – Xeotermia e aerotermia

Se estás pensando en facer unha instalación de xeotermia ou aerotermia este ano 2019, recomendámosche prestar atención as subvencións INEGA.

Estas subvencións supoñen unha gran axuda para os cidadáns que queren pasarse ás enerxías renovables. Ofrecen aforros considerables, que van dende os 3.600 euros en aerotermia até os 6.600 euros en xeotermia.

O problema coas subvencións INEGA 2019 para xeotermia e aerotermia é que son limitadas para un número concreto de persoas. Polo tanto, se estás interesado en facerte cunha destas axudas, non o dubides máis e ponte xa en contacto connosco a través dos números de teléfono 981-611-111 e 986-111-300.

Non te quedes sen a túa subvención INEGA 2019 para enerxías renovables: aerotermia e xeotermia

Como as prazas son limitadas, o mellor que podes facer é contar coa nosa axuda. Ofrecémosche garantía de que o 100% das persoas que nos contactan para conseguir a súa subvención INEGA, fanse con esta axuda. Primeiro, encargámonos de revisar que cumpras con todos os requisitos das mesmas.

Subvencións INEGA 2019

A partires de aí, fácemonos cargo por completo de todas as xestións. Desta maneira, dende que nos contactas non tes que volver a preocuparte por nada. Levamos a cabo o proceso completo até que o diñeiro entra na túa conta bancaria.

Algunhas destas subvencións INEGA 2019 xa están publicadas. Por exemplo, a axuda para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestructuras para Proxectos de Biomasa destinados a Particulares. Tamén a de Proxectos de Aforro e Eficiencia Enerxética. Polo tanto, non podes agardar máis tempo se non queres quedarte sen a túa axuda.

En Pansogal somos expertos en todo tipo de instalacións de enerxías renovables. Por iso, somos a túa mellor garantía para que esta sexa eficaz e consigas sacarlle o máximo rendemento.

Ademáis, non só tramitamos a túa subvención, se non que realizamos o estudo previo completo e a instalación. Para iso, contamos con persoal propio altamente calificado e facemos a posta en marcha oficial.